luns, 24 de febreiro de 2014

Versos cheos de emoción

Hoxe quixemos compartir os versos de Rosalía. Por iso os pequenos subiron a lerlles aos alumnos de secundaria; e os maiores baixaron ás aulas de primaria. Poemas, flores e emoción mesturáronse nuha mañá diferente no noso colexio.  


Así rematamos a nosa programación de actos en homenaxe a esta poetisa galega. Durante todos estes días a tivemos presente na exposición do espazo de lectura, nas actividades das aulas, nas chapas que luciu o equipo de normalización e de biblioteca e en todos os acontecementos nos que participamos. Porque estes días:




FELIZ DÍA DE ROSALÍA!



2 comentarios:

  1. Grazas a todos pola vosa colaboración.

    ResponderEliminar
  2. Dende o equipo de Normalización tamén queremos darlles as grazas ao alumnado e ao profesorado por colaborar tan ben en todo o que se propón dende os equipos de traballo do cole.
    Moitas grazas!
    Gustoume moito que traballaramos conxuntamente o equipo da biblio e o de normalización!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.