luns, 3 de novembro de 2014

E agromou outro premio

No mes de xuño presentábamos o noso proxecto "E agromará outro bosque" a un Concurso de Traballo por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar. Hoxe saiu a resolución na que descubrimos que o noso centro é un dos galardoados. Así que estamos de noraboa. 


Este proxecto é o resultado do traballo de todo o alumnado do centro, que participou activamente nas actividades propostas. Grazas a todos os que co seu traballo e dedicación sacaron adiante este proxecto.
Parabéns a todos por este recoñecemento!

1 comentario:

Que esta Quinta estea viva depende de ti.