E para pechar a semana de actividades das Letras, presentamos tres podcasts moi especiais!
O primeiro deles é un poema de Delgado Gurriarán que se titula "Quince anos"!
Mostramos o poema en diversos idiomas, pondo en valor a nosa lingua nai e a do noso alumnado que non naceu en Galicia. O poema está lido en galego, catalán, árabe, brasileiro e inglés. Unha beleza.
Se queredes escoitalo premede AQUÍ
O segundo é unha obra marabillosa feita entre o alumnado do centro, o profesorado e persoal non docente. Trátase do poema "Dez cousas de Valdeorras" con música de produción propia. Unha fermosura.
Se queredes escoitalo premede AQUÍ.
E por útimo, "A Gaceta das Letras", un programa realizado polo alumnado de 5º B EP que pretende ser unha homenaxe ao autor deste ano.
Se queredes escoitalo premede AQUÍ.
Todo un luxo de podcasts para festexar este día tan especial dende A Voz da Mata!
Bo Día das Letras Galegas!