Amosando publicacións coa etiqueta O volcán da Palma. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O volcán da Palma. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de novembro de 2021

O volcán da Palma!

 No cole estamos a traballar sobre o volcán da Palma, pero queremos ir un pouco máis aló e refelexionar sobre o que están a pasar as persoas que teñen que deixar as súas casas, negocios...

Nesta actividade, o laboratorio da Biblio converteuse nunha vivenda da Palma a piques de ser sepultada pola lava.

O alumnado ten que decidir que tres cousas se levaría...

Aprendemos a conectar emocionalmente e a ter empatía!

Os resultados son abraiantes!

A actividade de hoxe realizouna a titora de 4ºB EP co seu alumnado.

venres, 1 de outubro de 2021

O volcán da Palma!

 Hoxe Leire e Nico, de 5º EP, fixéronlle unha entrevista na Radio ao profesor Carlos Sánchez Moura.


 Falamos dun tema de actualidade:  

O volcán da Palma!

Carlos explicou a orixe dun volcán, as zonas volcánicas do mundo, curiosidades sobre os volcáns... e moitas cousas interesantes!

Se queredes escoitar a entrevista premede AQUÍ.

No seguinte vídeo tedes un adianto do que explicou o profe Carlos!


 Grazas aos tres por un programa estupendo que poderá utilizar o profesorado nas súas aulas!