Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA ZERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VIOLENCIA ZERO. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de novembro de 2019

A Quinta dos Libros contra a Violencia de Xénero

A Quinta dos Libros súmase á Campaña contra a Violencia de Xénero, en colaboración co Concello do Rosal.



luns, 26 de novembro de 2018

25 N Día Internacional contra a violencia de xénero

A nosa compañeira Ana Chamosa, mestra de galego de ESO, elaborou un programa na nosa radio "A Voz da Mata" co alumnado de 4º da ESO. 
No programa revisan diversos titulares de prensa sobre a violencia de xénero e recollen testemuñas de varias mulleres maltratadas, entre elas unha rapaza de 18 anos. Tamén nos dan consellos para evitar e detectar a violencia machista.
Ademáis do programa da radio, fixeron unha montaxe de vídeo que mostramos este luns no recreo para que toda a comunidade educativa reflexione sobre este tema e como homenaxe a todas as mulleres maltratadas. 
Moi bo traballo! 
Moitos parabéns!






venres, 23 de novembro de 2018

Unidos contra a violencia de xénero

Dende a biblioteca, unimos a toda a comunidade educativa para conmemorar o 25N: Día Internacional contra a violencia de xénero. 
Unímonos a través das nosas mans, a través da pintura e creamos corazóns. 




xoves, 21 de decembro de 2017

MULLERES

Como xa sabedes a biblioteca ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título "ELLA /ela/". Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. Esta semana foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.



En ambos proxectos desexamos dar protagonista ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.

Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos...) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres. 

A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada. 
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.


"As mulleres son as grandes olvidadas da historia"
Elena Poniatowska