Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de febreiro de 2022

Formación en Santiago!

 A nosa compañeira María, coordinadora do Equipo de Biblioteca creativa da nosa Quinta, pasou a xornada de hoxe en Santiago aprendendo cousas novas para a nosa biblioteca.


 Grazas María!

martes, 21 de setembro de 2021

Formación en Koha!

 Comezamos a nosa formación en Koha!


Todo preparado para utilizar un novo sistema de catalogación na Biblioteca!

A nosa coordinadora, María Oca, asistiu esta tarde a esta formación para que teñamos un mellor servizo toda a Comunidade Educativa!

mércores, 13 de xaneiro de 2021

Formación impresora 3D

 Ano novo, obxectivos novos.

En biblioteca creativa comezamos o ano cargado de novas ilusións, abrimos a nova IMPRESORA 3D e comezamos a nosa formación para empezar a crear con e para vós.

3 - 2 - 1... COMEZAMOS!!!




xoves, 12 de decembro de 2019

Voluntarios de biblioteca

Os nosos voluntarios xa están a aprender o funcionamento da biblioteca e, sobre todo, a colocar ben os libros para que á hora de atopalos, sexa máis sinxelo para to@s! 
Moitas grazas!



martes, 5 de novembro de 2019

Formación en Carballo, CEIP Gándara Sofán.

Onte, día 4 de novembro, dúas compañeiras do equipo da radio fixeron unha Formación en Carballo para o profesorado do CEIP Gándara Sofán.
O 25 de novembro volven para ampliar esta Formación.
Sempre é un pracer compartir a nosa experiencia con outros compañeiros-as!



















mércores, 23 de outubro de 2019

Formación Radio para profesorado do centro


Hoxe, un grupo de 17 profes, quedamos a xantar no centro e tivemos unha sesión de formación para aprender como traballar coa radio.
A formación levouna a cabo o Equipo de profes da Voz da Mata.
Foi moi divertido e aprendemos un montón de cousas!


xoves, 17 de outubro de 2019

Formación de usuarios na Voz da Mata

O mércores 16 de outubro alumnos e alumnas da ESO recibiron formación en radio para ser autónomos e facer gravacións de programas nos recreos. Quedamos a xantar no cole e fixemos un curso intensivo do uso da nosa radio. Foi estupendo!
Xa temos cinco equipas preparadas para gozar dos seus programas!
A GRAVAR!!!!

martes, 21 de maio de 2019

Formación do CEFORE

O mércores, 15 de maio, A Quinta dos libros, visitou o CPI Alfonso VII de Caldas de Reis, para compartir con eles a nosa experiencia na Bilbioteca e na Radio. 
Esta actividades forma partes das sesións de formación do CEFORE de Pontevedra. 

Foi unha boa experiencia.



domingo, 3 de marzo de 2019

Formación en Carballo


A Quinta dos libros e A Voz da Mata chegaron a Carballo! O día 27 de febreiro tivemos unha xornada de formación no IES Isidro Parga Pondal, na que contamos a nosa experiencia. En marzo imos de novo para completar a formación que está organizada polo CFP da Coruña.
Os nosos parabéns para Bea e Loli. Sabemos que a formación foi todo un éxito!




martes, 2 de outubro de 2018

Os pequenos descobren a Quinta dos libros!

Hoxe tivemos unha visita moi especial! 
Os máis pequenos do cole, 1º de primaria, asistiron ás explicacións de Bea sobre o funcionamento da biblioteca e levaron o seu primeiro libro para a casa.
Pasámolo moi ben!

xoves, 26 de outubro de 2017

Realidade aumentada

Continúan as actividades conmemorativas do Día da Biblioteca. 
Nesta ocasión o alumnado de 2º da ESO B , a través da realidade aumentada, obtivo toda a información referida ao sistema de organización e clasificación  (CDU=Clasificación Decimal Universal ) das obras da nosa biblioteca. 




"Unha bibliotca é un lugar máxico. Nas súas silenciosas paredes descansan, en andeis perfectamente organizados, volumes e volumes de obras que conteñen a mensaxe cultural máis importante da humanidade"
Josefina Aldecoa

luns, 23 de outubro de 2017

Véspera do Día da Biblioteca

Hoxe comezaron as actividades previas á conmemoración do Día da Biblioteca. Seguindo o programa acordado e, coa axuda do voluntariado, a xornada consistiu en lembrar a importancia que ten que cada un de nós colabore no bo uso da biblioteca.






Presentamos o vídeo titorial, realizado por parte do alumnado voluntario, onde se explica o funcionamento da Quinta dos libros.












O alumnado de secundaria fixo un percorrido virtual, a través da aplicación Aurasma. Trátase dun sistema de realidade aumentada que, despois de capturar uns códigos situados nos andeis da biblioteca, mostra información sobre a organización dos libros.








E tamén xa comezamos a recibir as primeiras felicitacións.







Mañá esperámosvos a tod@s. 



"A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque nadie pode dicirnos que ler, cando e como".
Doris Lessing