Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de decembro de 2021

Feliz ano 2022!

 Bo ano 2022 para toda a Comunidade Educativa!

Que poidamos recuperar as nosas aulas sen máscaras!

Moita saúde para todos-as  e que a música nos acompañe!

venres, 24 de decembro de 2021

Feliz Noiteboa!

 Con esta árbore tan especial queremos agradecer a implicación de toda a Comunidade Educativa nas nosas actividades.

"O acorde da Quinta", o noso proxecto musical deste curso, non sería posible sen vós!

Grazas e felices festas!

martes, 21 de decembro de 2021

Bo Nadal!

 

Bo Nadal a todos-as!

Felices vacacións e moita precaución para que voltemos seguros!

Ata o día 10 de xaneiro!

Adornos na Quinta!

 A nosa Quinta esta espectacular! 

Hai adornos en todas partes!



Adornos musicais para un Nadal musical!

Feitos por 3º B, 4º B e 2º EP!

Acompaña este vídeo unha peza interpretada polo alumnado de 4º ESO da optativa de Música.

E ata colaborou o Club de Ciencia facendo un obradoiro de adornos moi especiais!



 5ºB EP e 3ºB EP participan no obradoiro!



En 5º A, onde temos moitos-as voluntarios-as, tamén colaborou!

Está todo precioso!


 

 


Felicitación!

Bo Nadal para toda a Comunidade Educativa!

Felicitación do CPI da Mata feita e coordinada por Biblioteca Creativa!

Chegou o Nadal!

 E, aínda que pareza que non, os bos desexos, sentimentos (universais e idénticos en todo o mundo) e a tradición relixiosa, aúnanse , entrelázanse e conviven nesta época natalicia.

Por iso, este trimestre as profesoras de Valores éticos e Relixión de 2º ESO, quixeron levar adiante unha actividade conxunta, enmarcada no PDI "O acorde da Quinta" aproveitando que a profe de Valores tamén o é da Música.

E aquí tedes o resultado, tres panxoliñas que rescatan cantos tradicionais galegos que van narrando a historia na que se basean estas festas.

2º B interpreta "Canto de Nadal de Luintra" de Berrogüeto.


2º C interpreta "Arrolos de salitre...Nana de sal".


 2ºA Interpreta un cantar de Reis recuperado da tradición oral, da zona de Ribadeo, "Canto de Reis de Rinlo".


 Unha experiencia estupenda que esperemos que gocedes tanto coma nós.
Bo Nadal!

luns, 20 de decembro de 2021

Un nadal moi musical!

 O alumnado de EP interpreta distintas pezas referentes ao Nadal!

5º A EP fixo a súa particular felicitación.

Acompañan con vasos e cascabeis o tema "Merry Chirstmas" de Elton John e Ed Sheeran.


O alumnado de 3ºB EP interpreta "Christmas makes me"

Fantástica posta en escena!


 O alumnado de 2º EP participa tamén neste Nadal musical da Quinta!


Grazas!


Papá Noel ou Reis Magos?

 Ti es de Papá Noel ou dos Reis Magos?


Se queres mandar a túa carta podes facelo no primeiro andar!

domingo, 19 de decembro de 2021

Bo Nadal!

 Por un Nadal en Harmonía!


Dende a Quinta dos Libros e A Voz da Mata van os nosos mellores desexos para toda a Comunidade Educativa!

Escritura creativa no Nadal!

 O alumnado de 4º EP visitou o buzón do Calvario por un motivo moi especial.

Botaron as súas cartas de Papá Noel e tamén postais sorpresa entre eles-as, que chegarán ao seu destino estes días...Que emoción!

Traballamos a escritura creativa neste pequeno obradoiro de Nadal!



sábado, 18 de decembro de 2021

Felicitacións de Nadal con música!

 Co noso PDI deste ano non paramos de festexar o Nadal a través da música.

Aquí tedes algunhas mostras!

6º B EP!


4º B EP!

4º A EP!



1º EP, os Rodolfos!

 


 2º C ESO!

3º A ESO!


2º A ESO e PMAR!


 2º C ESO!


 Bo Nadal a todos-as!

Song lyrics in raindrops!

 Letras de cancións en gotas de chuvia!


Precioso proxecto do Departamento de Inglés en relación ao noso PDI deste curso.

Eliximos versos de cancións en inglés que resulten inspiradores para nós e escribímolos en gotas para colocalos nuns paraugas cheos de música e sentimento e, como estamos no Nadal, adornámolos con moitas estreliñas e purpurina.


Participaron na actividade todos os alumnos-as de 2º ESO na materia de Inglés.

Despois escribimos no patio, con xiz de cores, as nosas letras das cancións. Quedou precioso!

Aquí tedes o resultado!


 

venres, 17 de decembro de 2021

Adornos do Nadal!

 Adornamos de Nadal a Quinta dos libros!

Traballamos o noso PDI no Nadal!

Nadal en Camposancos!

 Excursión realizada polo alumnado de 3º EP para ver uns adornos de Nadal feitos con materiais naturais e de refugallo.


 

xoves, 16 de decembro de 2021

Ponlle música ao Nadal!

 Xa está chegando o Nadal e na Quinta sabémolo!

Mirade que preciosidade de mural feito polo alumnado de Relixión de EP!



mércores, 15 de decembro de 2021

Postais de Nadal!

 Recuperamos fermosas tradicións e traballamos a escritura creativa!

O alumnado de 2º PMAR fixo unhas preciosas postais de Nadal!

Mañá sairán no correo!

Onde chegarán?

martes, 14 de decembro de 2021

Club de Cine de adultos!

 Hoxe tivemos unha nova sesión do Club de cine de adultos!

Nesta xuntanza traballamos con curtametraxes de Nadal.

Foi unha sesión na que compartimos bos desexos e algunha que outra bágoa.

Bo Nadal e bo cine!

O Club dos martes!

 Hoxe tivemos unha fantástica sesión do Club de lectura de adultos do noso CPI.

Analizamos "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.


E agora temos unha nova proposta de lectura para as vacacións, unha lectura de Suso de Toro.


Bo Nadal e boas lecturas!

Un Nadal musical!

 O alumnado de 5º B EP estivo a facer unha árbore de Nadal con notas musicais!


O acorde da Quinta!

venres, 10 de decembro de 2021

Adornos para o noso PDI!

 Fantásticos adornos de Nadal para o nosos PDI!

O alumnado de 1º EP fixo un estupendo traballo, coa profe María en Música.


Parabéns!