martes, 21 de decembro de 2021

Chegou o Nadal!

 E, aínda que pareza que non, os bos desexos, sentimentos (universais e idénticos en todo o mundo) e a tradición relixiosa, aúnanse , entrelázanse e conviven nesta época natalicia.

Por iso, este trimestre as profesoras de Valores éticos e Relixión de 2º ESO, quixeron levar adiante unha actividade conxunta, enmarcada no PDI "O acorde da Quinta" aproveitando que a profe de Valores tamén o é da Música.

E aquí tedes o resultado, tres panxoliñas que rescatan cantos tradicionais galegos que van narrando a historia na que se basean estas festas.

2º B interpreta "Canto de Nadal de Luintra" de Berrogüeto.


2º C interpreta "Arrolos de salitre...Nana de sal".


 2ºA Interpreta un cantar de Reis recuperado da tradición oral, da zona de Ribadeo, "Canto de Reis de Rinlo".


 Unha experiencia estupenda que esperemos que gocedes tanto coma nós.
Bo Nadal!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.