Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de novembro de 2021

25 N

 Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

Durante toda a semana estivemos traballando neste tema.

Fixemos moitas actividades, en coordinación, todos os equipos do centro. Aquí tedes o resultado.

 O alumnado de EP ten moi claro que día é hoxe!



Na ESO tivemos unha xornada moi especial con Noelia Míguez Vázquez, unha muller brava de Boqueixón.

Noelia sufriu hai seis anos violencia de xénero pola súa ex-parella e agora imparte charlas en colexios e institutos para concienciar as novas xeracións a así prever e detectar a violencia.

Foi alucinante contar con ela hoxe, a súa experiencia fixo que se nos removeran moitas cousas por dentro.

No seguinte vídeo podedes ver un anaquiño da charla.


Despois da charla co alumnado de 4ºESO tivemos unha extraordinaria entrevista na Voz da Mata que nos vos podedes perder.

Se queredes escoitala premede AQUÍ.

No seguinte vídeo podedes ver un adianto.
 


Grazas a Raquel e Lea por ser unhas fantásticas reporteiras. Foi unha entrevista estupenda. Moi bo traballo!




E grazas a Noelia por ser tan xenerosa con nós e abrir o seu corazón!

venres, 19 de novembro de 2021

25 N!

 Os nenos e nenas de 4º B EP comezan a trabalar sobre a violencia de xénero.


Falta moi pouco para o 25 N, día no que denunciamos esta realidade!

Parabéns! Moi bo traballo!