Amosando publicacións coa etiqueta Concurso mensaxes de amor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concurso mensaxes de amor. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de febreiro de 2022

Semana da Radio, luns!

Temos unha programación especial, na Voz da Mata, por este día tan popular.


 Hoxe festexamos o Día de San Valentín ou, coma nós preferimos chamarlle, o Día do Amor.


Temos dous programas moi especiais. 

O primeiro deles é do alumnado de EP que, coordinados pola nosa orientadora, fixeron unhas mensaxes de amor para as súas familias, amigos, mascotas, profes...Un programa marabilloso!

 

Se queredes escoitalo premede AQUÍ.

O segundo é o resultado do Concurso de mensaxes de amor que fixemos na ESO. É un programa coas mensaxes seleccionadas e gañadoras nesta edición.

Aquí tedes unha representación dos gañadores-as!


Se queredes escoitar as marabillosas mensaxes gañadoras premede AQUÍ.

Feliz Semana da Radio e Feliz Día do Amor!

xoves, 3 de febreiro de 2022

Mensaxes de amor!

Queres participar no concurso de mensaxes de amor da Voz da Mata?

Para facelo tes que ser alumno-a da ESO do CPI e deixar unha mensaxe nos comentarios desta mesma entrada no noso Instagram ou aquí no blog.

Poderá facerse dende hoxe ata o vindeiro domingo ás 20:00 horas.

Fuximos do amor tóxico romántico e buscamos mensaxes de amor de verdade, do bo! Poden ser de amor a amigos-as, familia, mascotas...

Non esquezas pór o teu nome e curso.

Gravaremos un programa especial coas mensaxes elixidas.

Xa sabedes que podedes entregalas en man a Lola, antes do luns ás 12:00 horas, se non queredes facelo a través das redes sociais.

 

Participa! Haberá agasallos!

domingo, 14 de febreiro de 2021

Feliz Día de San Valentín!

 Aproveitando que esta semana festexamos o Día Mundial da Radio, dende a Voz da Mata organizamos un Concurso de mensaxes de amor!

Houbo moita participación e foi moi difícil escoller as mensaxes gañadoras.

Mensaxes de amizade, de amor na familia, nos compañeiros-as, amor propio...Temos unha grande variedade!

E tamén amor en varios idiomas: galego, castelán, inglés e francés.

Estes son os nosos talentosos-as escritores-as:


Grazas por participar e parabéns por ofrecernos unhas mensaxes de amor tan marabillosas e cheas de sentimento!

Se queredes escoitar o Programa Especial San Valentín premede AQUÍ ou visitade a nosa canle de IVOOX.

Tamén podedes escoitar o programa na aula virtual.

Grazas a todo o profesorado que colaborou coa Voz da Mata para facer esta actividade!

Grazas ao alumnado por participar!

Feliz Día de San Valentín!