A semana pasada, a mestra Bea do CPI, estivo na escola de Tabagón facendo un contacontos, dentro do ciclo de intercambio que se está a levar a cabo desde o noso centro e o CRA María Zambrano.
O conto elixido foi "Moncho e a Mancha"
No CPI tivemos a visita das mestras Rebeca e Bea,que lle contaron ao alumnado de 1º o conto "Nube branca quere ser astronauta"
Continuamos cos Intercambios de contos entre o CRA María Zambrano e o CPI.
Nesta ocasión os voluntarios da biblioteca de 6º de primaria, Lucía, Pablo e María, acudiron á escola de Fornelos a contar o conto "A princesa do Caurel"
Desde hai xa varios anos, vimos a desenvolver unha actividade conxunta co Equipo de normalización lingüística do CPI e co do CRA María Zambrano. A actividade consiste nun intercambio de contacontos. Desde o CRA, acoden mestres contar contos a 1º, 2º e 3º de Primaria, e desde o CPI, acudirán alumnos e voluntarios da biblioteca a todas as aulas do CRA.
O contacontos do que gozaron os alumnos de 1º de Primaria correu a cargo do profe MONCHO, da escola de Fornelos, e o título elixido foi " Nin Laranxa, nin lila". Ademais, explicoulles como facer copias con xelatina!
Moitas grazas. Encantounos!
O alumnado de 2º gozou dun conto narrado pola mestra BEA, e o título elixido foi "O que máis doe do mundo".
Pasárono xenial intentando adiviñar que é o que máis doe no mundo.
Moitas grazas, Bea!
O alumnado de 3º gozou co contacontos do profe Manolo, da escola de Pías. Contoulles dous contos: "O que máis doe no mundo" e "A nai do heroe". Pasárono moi ben. Moitas grazas, Manolo!
@s alumn@s de 4ºA, prepararon un contacontos musicado e contárono na aula de Pías, do CRA María Zambrano.
Recitaron poemas do libro "Paseniño, paseniño"de Antonio García Teijeiro, co que tiveron un obradoiro hai unhas semanas.
Estiveron acompañados polo violinista Héctor Varela, tamén coñecido como "Fiddleloop" e a súa alumna Suevia, que estuda na escola de Pías. Suevia só leva uns meses tocando o violín e faino de marabilla.
Fixeron dúas postas en escena, unha para o alumnado de primaria e outra para o de infantil.
Foi un contacontos estupendo! Todos se esforzaron moito e o resultado foi estupendo.
Dar as grazas a Héctor e Suevia pola súa colaboración e á escola de Pías, pola súa grande acollida.
O alumnado de 4º da ESO fixo unha fermosa interpretación do conto "The Three Little Pigs" na Biblioteca, dirixida a 1º e 2º de educación primaria. Encantounos!!!
O pasado venres, celebramos o Día do Libro (aínda que non foi ata o 23 de abril) cun Apadriñamento Lector. Ese día podías atopar alumnado da ESO contándolle un conto aos máis pequenos ou á inversa...incluso os nosos amigos robóticos contaron varias historias na biblioteca!
Sen dúbida foi un día fermoso e moi entretido. Aquí podedes ver un resumo da actividade...
Tamén temos aquí o vídeo do apadriñamento lector que fixo 5º A de primaria...
Os nosos Axudantes de Biblioteca de sexto de primaria foron ao CRA María Zambrano (O Rosal) a contarlle aos máis pequenos uns contos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, sobre todo para os Axudantes xa que traballaron entre outras cousas a expresión oral e a linguaxe corporal.
Hoxe o alumnado de 4ºA da ESO estará no recreo na biblioteca para contarlle aos máis pequenos unha historia creada por eles en inglés!!! E ao final haberá sorpresaaaa!!! Que estarán tramando...
Todos os anos o concello propón a creación dun conto viaxeiro. Os nenos do CRA e os de 1º e 2º de primaria do noso centro son os autores. Comezou a aula de 1º de primaria, eles aproveitaron o noso proxecto para inspirarse, buscaron un protagonista (RASI), presentárono, cargárono de alimentos na súa mochila e...empezou a facer realidade o seu desexo de viaxar. Este é o resultado.
Contos para pensar e para reflexionar, contos que non nos deixaron indiferentes. As historias de Paula, Xela, Susana e a princesa paralizáronnos. Con elas sentimos de cerca a dor e a tristeza das mulleres que sofren vilencia física, psíquica, sexual ou social. Foi unha tarde emocionante para o alumnado de 2º ESO.
Grazas a Suso por esta sesión de contos para pensar.
O 21 de febreiro celebrouse o Día da Lingua Materna proclamado pola UNESCO. Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º festexaron esa data. Polo Correo do Vento compartiu música, debuxos e historias cos máis pequenos do centro. Grazas por darnos a oportunidade de vivir unha sesión diferente na nosa quinta!
Grazas ao equipo de normalización por coordinar esta sesión e ao concello por ofertarnos esta actividade.
Nesta semana os CONTOS son os protagonistas da nosa biblioteca. Temos a sorte de recibir a uns contacontos moi especiais, os profesores do CRA, que acoden a esta cita con moita ilusión. E nós enviámoslle os nosos mellores contadores de historias que visitan as súas escolas.Grazas á colaboración dos equipos de normalización lingüística dos dous centros podemos gozar destas sesións.
Este é só un pequeno adianto do que está dando de si esta semana de contos...
Maxia, poesía, sorrisos e historias se mesturaron de novo na Quinta. Esta mañá os nenos e nenas de 3º de primaria gozaron na biblioteca coa ctuación de Carlos Coira.
Grazas Carlos por espertar a ilusión dos máis pequenos do colexio.
Grazas a Charo por darnos de novo esta oportunidade.