mércores, 10 de abril de 2019

CONTACONTOS MUSICADO

@s alumn@s de 4ºA, prepararon un contacontos musicado e contárono na aula de Pías, do CRA María Zambrano. 
Recitaron poemas do libro "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro, co que tiveron un obradoiro hai unhas semanas.
Estiveron acompañados polo violinista Héctor Varela, tamén coñecido como "Fiddleloop" e a súa alumna Suevia, que estuda na escola de Pías. Suevia só leva uns meses tocando o violín e faino de marabilla. 
Fixeron dúas postas en escena, unha para o alumnado de primaria e outra para o de infantil.
 Foi un contacontos estupendo! Todos se esforzaron moito e o resultado foi estupendo. 
Dar as grazas a Héctor e Suevia pola súa colaboración e á escola de Pías, pola súa grande acollida.
Podedes ver os contacontos nos seguintes vídeos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.