Amosando publicacións coa etiqueta Club de detectives 6ºA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de detectives 6ºA. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2020

Club de Detectives 6º A. Último programa!

O Club de Detectives de 6º A fixo un último programa sobre o bocexo.
Grazas a Diego, Soraya, Nico, Borja, Lucía e Manu por compartir o seu traballo con nós.
Podedes escoitar o seu programa na nosa canle de IVOOX. Esperamos que vos guste!

Moitísimas grazas a todo o alumnado de 6º A polo esforzo e traballo, cando estabamos no centro e durante o confinamento.
 Grazas desde o equipo da Voz da Mata!
E tamén queremos dar as grazas a Cristina e Ana Flores por coordinar esta actividade durante todo o ano!

venres, 5 de xuño de 2020

As candeas de aniversario! Club de detectives 6º A

O alumnado de 6º A estivo investigando sobre a orixe de por que sopramos as candeas de aniversario xa que é un tema moi curioso.

Se queredes saber máis sobre este tema escoitade o programa na canle de IVOOX da Voz da Mata.

venres, 29 de maio de 2020

Club de detectives 6º A. As vacinas!

O alumnado de 6º A estivo a investigar sobre as vacinas xa que é un tema moi importante, e máis nesta época que estamos a vivir a pandemia do COVID-19.
Se queredes saber máis sobre este tema escoitade o programa na canle de IVOOX da Voz da Mata.


Grazas a Leire, Laura, Xoel, Miriam, Andrés e Alba!
Tamén á profe Cris e a Ana Flores por coordinar este traballo.

martes, 26 de maio de 2020

Programa do Club de Detectives de 6º A!

O Club de Detectives estivo a investigar sobre "o esmalte de unllas" , coordinado pola profe Cris.
Fixeron un programa na Voz da Mata onde contan a súa orixe, os seus usos e moitas cousas curiosas.
Se queredes escoitalo visitade a canle de IVOOX da Voz da Mata.
Esperamos que vos guste!

Grazas a Lucía, Borja, Manu, Nico, Soraya e Diego! E a Ana Flores pola parte técnica.

martes, 19 de maio de 2020

O Club de Detectives de 6º A! Novo programa!

O noso Club de Detectives de 6º A gravou un programa sobre a Cámara Fotográfica, unha gran aliada nosa estes días nos que temos que facer moitas tarefas e entregalas cunha foto.  
No seu programa falan da súa orixe e da súa historia.
Se queredes escoitar o programa visitade a canle de IVOOX da Voz da Mata!
Grazas a Cristina e Ana Flores por coordinar esta actividade!



Grazas a Paula, Telmo, Nayara, Cibrán, Sheila e Rubén!
Parabéns polo voso traballo!



martes, 5 de maio de 2020

Club de detectives 6º A. As plantas carnívoras!

O alumnado de 6º A segue coas súas investigacións!
Esta semana indagaron sobre a natureza e as características das plantas carnívoras
Fixeron un traballo moi interesante coordinado pola profe Cris.
Se queredes saber máis escoitade o seu programa na nosa canle de IVOOX.
Que gocedes con el!
Grazas a Alba, Andrés, Laura, Leire, Xoel e Miriam! E á profe Ana Flores por montalo.

xoves, 30 de abril de 2020

Club de Detectives 6º A! Os xeados!

Nestes días que estamos na casa, tomar algún xeado pode axudar a levar mellor a corentena!
Se queredes saber a súa orixe, como se fabrican e moitas cousas máis...
Escoitade o programa do Club de Detectives na nosa canle de IVOOX!

Grazas a Nico, Lucía, Diego, Sheila e Manu!

 
Tamén agradecemos a colaboración da profe Ana Flores na montaxe dos programas do Club de Detectives que estamos a realizar durante a corentena!



venres, 17 de abril de 2020

O imparable Club de Detectives de 6º A!

O Club de detectives de 6º A está imparable!
Esta vez investigaron sobre o Dragón de Komodo, un animal diferente e cunhas características moi curiosas.
Fixeron un programa de radio para A Voz da Mata.
Se queredes escoitalo podedes visitar a nosa canle de IVOOX.
Grazas Rubén, Cibrán, Paula, Nayara, Sheila e Telmo! 
Un traballo boísimo!



luns, 30 de marzo de 2020

Axencia de detectives! Novo programa!

O Club de detectives de 6º A segue a facer programas na Voz da Mata
Nesta ocasión falan da orixe e utilidades do tippex!
Está gravado dende as súas casas.
Esperamos que vos guste!
Se queredes escoitalo entrade na nosa canle de IVOOX.


martes, 21 de xaneiro de 2020

Novo programa do Club de Detectives de 6º A!

Hoxe, o Club de Detectives de 6º A, gravou un programa moi interesante sobre a Coca- Cola.
Podedes escoitalo na nosa canle de IVOOX.
Parabéns! Moi bo traballo!