Amosando publicacións coa etiqueta 250 Aniversario nacemento de Beethoven. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 250 Aniversario nacemento de Beethoven. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de decembro de 2020

250 Aniversario do nacemento de Beethoven!

 Hoxe festexamos unha data moi importante no mundo da cultura, o 250 Aniversario do nacemento de Beethoven.

No noso timbre musical levamos escoitando toda a semana as súas obras. Un autor inmortal que nos deixou un legado marabilloso!

Os alumnos-as de 4º ESO da optativa de Música, coordinados-as pola profe Marta, fixeron un programa especial na Voz da Mata sobre este autor.  

A peza que abre e pecha o programa está interpretada polo alumnado.

Se queredes escoitalo visitade a nosa canle de IVOOX

 Parabéns a Marta e ao seu alumnado por un traballo fantástico!

luns, 14 de decembro de 2020

O que hai que oír!

 O alumnado da optativa de Música de 4º ESO, estivo a traballar moito para realizar un Programa Especial sobre a figura de Beethoven: "O que hai que oír"

O mércores, día 16 de decembro, celébrase o 250 Aniversario do nacemento de Beethoven.


No programa hai moita información sobre esta data, a figura do compositor e ata unhas pingas de humor.

Non o perdades!

Se queredes escoitar o programa visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ

Parabéns ao alumnado participante e a Marta, a súa profe de Música! É un traballo fantástico!

No seguinte vídeo podedes ver como se fixo o programa