O alumnado de 1º ESO estivo traballando a lingua a través da película "Ocho apellidos vascos" no Cine na Quinta.
Se queredes escoitar o cineforum de 1º ESO A, na Voz da Mata, preme AQUÍ.
Moi bo traballo!
O alumnado de 1º ESO estivo traballando a lingua a través da película "Ocho apellidos vascos" no Cine na Quinta.
Se queredes escoitar o cineforum de 1º ESO A, na Voz da Mata, preme AQUÍ.
Moi bo traballo!
O alumnado de 1º ESO estivo traballando a lingua a través da película "Ocho apellidos vascos" no Cine na Quinta.
Se queredes escoitar o cineforum de 1º B, na Voz da Mata, preme AQUÍ.
Parabéns! Unha estupenda análise da película!
O Club de Cine de adultos, quere participar na nosa Semana da Radio, cun podcasts no que comentan un vídeoclip do 2016 do compositor estadounidense Moby que ten como autor a Steve Cutts, un ilustrador e animador británico.
A temática está de actualidade: a mala xestión que facemos das redes sociais e da tecnoloxía.
Se queredes escoitar as reflexións do noso Club de Cine de Adultos preme AQUÍ
Grazas a Elvira, María, Rita e Rosaura por participar!
O alumnado de 1º ESO A, despois do visionado da película "Raya y el último dragón" de Disney, realizou unhas sesións na Voz da Mata de Cineforum comentando a película e relacionando aspectos traballados na materia de Lingua Castelá co filme.
Esta actividade estivo coordinada por María Oca.
Participaron no 1º Cineforum Guillermo, Xoel, Daniil e Gabriel. Se queredes escoitalo premede AQUÍ.
No 2º participaron Javi, Antía, Sara e Aarón. Podedes escoitalo premendo AQUÍ.
Grazas a todos-as por participar!
O Club de Cine de Adultos estivo a traballar este mes o tema da muller.
Realizamos o visionado do videopoema de Marwan "Compañeras".
Se queredes velo aquí tedes o vídeo:
Fixemos un programa na Voz da Mata coas reflexións dalgunhas das nosas compañeiras do Club.Se queredes escoitalo premede AQUÍ
Grazas a Elvira, Mónica, Rosaura e Bea polas súas interesantísimas achegas!
Grazas a Estela por facernos a suxestión!
O alumnado de 4º ESO participou esta semana dunha sesión de cine.
4º A coñeceu o cine arxentino con "Relatos Salvajes" e fixo hoxe un cine forum na Voz da Mata, da man da profe María Oca. Se queredes escoitar esta sesión de radio visitade a nosa canle de IVOOX ou premede AQUÍ.
4º B analizou o mundo do narcotráfico coa película "Mula" unha película de Clint Eastwood na que a terceira idade, a familia e as drogas son os eixos centrais.
Grazas pola vosa participación!