Na entrada podedes ver unha exposición estupenda realizada polo alumnado de 4º ESO da materia de Latín.
Coordinados por María Oca, mostran os restos máis representativos da Hispania romana.
Moi bo traballo!
Na entrada podedes ver unha exposición estupenda realizada polo alumnado de 4º ESO da materia de Latín.
Moi bo traballo!
Hoxe inauguramos A Quinta,
a nova zona de exposicións do colexio!
Este novo espazo da biblioteca, que serve como lugar de exposición dos traballos do alumnado, naceu grazas ás ideas do Equipo de Biblioteca e a colaboración do Concello. Pintáronse as paredes de negro e colocáronse pizarras magnéticas.
Contamos coa presenza da alcaldesa do Rosal, Ánxela, para presidir o acto e o alumnado de 4º de EP presentoulle a exposición sobre máquinas que estiveron a realizar.
Moitas grazas a tod@s pola participación ao acto.
A Quinta dos Libros segue a medrar!