Amosando publicacións coa etiqueta As nosas actuacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As nosas actuacións. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de novembro de 2019

Maxia!

Con motivo do mes da ciencia, o departamento de matemáticas do cole, preparou un obradoiro máxico, con mago e todo. O mestre de cerimonias foi o mago Gutier e puidemos ver trucos espectaculares! Pero... era maxia ou eran matemáticas? 
Moitas grazas a todo o departamento de mates que fixo un obradoiro moi especial!
Aquí podedes ver o ben que o pasamos.


venres, 1 de febreiro de 2019

MELLORAS NA BIBLIOTECA

Queremos mostrarvos todas as melloras que fixemos ao longo do curso pasado na biblioteca, grazas á achega do Proxecto Lía

Ademais das melloras na propia biblioteca o que fixemos foi expandir a biblio polo centro. 
Esperamos que vos guste!


xoves, 9 de marzo de 2017

Bolboreteando no Entroido


As clases de 3º de primaria aproveitando o proxecto de migrANDO, disfrazáronse de bolboretas monarcas.

No seguinte vídeo relatan toda a experiencia...


luns, 19 de decembro de 2016

Adxectivos simpatiquiños


Hoxe Brian, Jorge e Miguel de 4º da ESO explicaron ao alumnado de quinto de primaria os adxectivos en inglés.

Explicaron que eran e para que servían os adxectivos e dramatizaron palabras como tall, short, mean, rude, intelligent, etc...


Pasárono xenial e seguro que agora xa non se esquecen de algunha palabriña.



 

venres, 16 de decembro de 2016

Os Reis Magos vs Papá Noel


Aquí deixamos o vídeo da obra de teatro que representaron os Axudantes da Biblioteca hoxe.
Bo traballo!
 

Teatro na quinta


Hoxe os Axudantes da bilioteca de 6ºB de primaria interpretarán unha obra teatral escrita e dirixida por eles, titulada Os Reis Magos vs Papá Noel, onde tratarán tamén o tema da migración.

O público ao que vai dirixida é 1º e 2º de primaria pero estades todos convidados a botar un ollo.

Quen gañará???

xoves, 15 de decembro de 2016

Historias entretidas


Hoxe, unha historia basada sobre a canción "There was a big grey moose", foi contada na nosa bilioteca polas alumnas de 4ºA da ESO Sheila Dorado Lago, Iria Carabelos Álvarez e Carlota González Alonso.


Esta historia trataba sobre un alce o que lle encantaba o zume de laranxa. Tras ir ao super a compralo resfriouse e cando estaba tomando o medicamento, botouno por riba.


Foi unha historia inventada, divertida, alegre e contada en inglés!!!


O público quedou abraiado...un traballo fantástico!

Recreos diferentes


Hoxe o alumnado de 4ºA da ESO estará no recreo na biblioteca para contarlle aos máis pequenos unha historia creada por eles en inglés!!!

E ao final haberá sorpresaaaa!!!

Que estarán tramando...

mércores, 16 de novembro de 2016

Xa temos mascota


A primeira tarefa que tiveron os nosos queridísimos axudantes foi deseñar a que será a nosa mascota da Biblioteca. Eles expuxeron as súas ideas e Xosé Tomás transformounas...



























...nun animal, que vai á última moda, coñecido por roer e devorar cousas, entre elas, libros!
Que ben o pasamos!!!

E con moi boa pata,
xuntos creamos a...
LIBRAKO,
 O RATO da Mata!!!!!!!!!




sábado, 30 de maio de 2015

Así traballamos nós o proxecto


Este ano investigamos sobre o teatro de títeres. Fixemos xogos dramáticos e aprendemos a facer interpretacións. Isto inspirounos para facer o noso debuxo para o calendario deste ano: unha luba con bonecos nos dedos. Ao final de curso representamos O frautista de Hamelín! para poñer en práctica todo o aprendido.

Os máis pequenos traballamos...

Comezamos cunha investigación e asemblea na aula do tema que nos tocou: As máscaras. Coñecemos o vocabulario e orixe das máscaras. Elaboramos de distintos tipos de máscaras de animais.
Aproveitamos os nosos coñecementos para elaborar un traballo de Plástica para o Calendario Escolar e relacionámolo co tema do Entroido para disfrazamos de Tigres e Leóns. 
No corcheira da aula expuxemos un mural cos nosos traballos sobre as máscaras.


Bo traballo!

venres, 29 de maio de 2015

A ópera: Hansel e Gretel

O alumnado de 3ºA traballou a ópera de Humperdink, Hansel e Gretel. O primeiro paso foi o achegamento á ópera desde distintos aspectos. 

Na aula fixemos audicións e visualizamos pequenos fragmentos en distintas sesións. Por outro lado, comezamos o achegamento ao conto popular de Hansel e Gretel e comezamos a preparar os diálogos para a dramatización do conto. A versión estaba baseada na ópera de Humperdink “Hansel e Gretel”.



Fixemos unha selección (por votacións) dos intérpretes de cada papel e nos puxemos a traballar nos decorados. O decorado consistiu nun enorme libro que iría abrindo as súas páxinas segundo fora transcurrindo a historia. Isto levounos todo o curso.



Mentres, iamos ensaiando cada parte e traballando a vocalización, a coordinación, a espera (había que esperar o quenda en silencio para non interromper a atención do público), a expresión corporal, a cooperación, os diálogos (nos quendas das intervencións), a compaxinación, o ritmo (tiña varias partes de baile), a entoación (tiña cancións), a expresión xestual, a dicción, a memoria (en aprender o seu papel), a autonomía (había que cambiarse de roupa varias veces ao longo da obra). Foi un traballo moi interesante.


O resultado final foi unha obra de teatro con moitos efectos especiais na que confluíron a ópera, o teatro negro e que foi moi ben interpretada. Conseguiuse máis cohesión no grupo, moita máis autonomía nos rapaces, motivación cara o traballo grupal e cooperativo...


Parabéns! Moi bo traballo! 
No seu blog de aula podedes ver todo o traballo que fixeron.

Ai mamasiña que medo!

O alumnado de 6ºA de Primaria, traballou durante todo o curso preparando unha obra de teatro para despedirse do seu paso por primaria. 

Na obra participaron todos os nenos e nenas e se implicaron moitísimo preparando todos os detalles. Algunhas alumnas da ESO viñeron a maquillar aos rapaces e rapazas.




A posta en escena foi na propia aula que foi ambientada e decorada como un castelo por dentro e por fóra.

Parabéns!

xoves, 28 de maio de 2015

Quince anos do Teatro da Mata

Levamos un curso indagando e traballando co mesmo eixe temático: o teatro. Mais o teatro leva presente no noso centro dende fai tempo. Son moitos os profesores e os alumnos que subiron ás tablas para dar o mellor de si. Por iso non podemos rematar este proxecto sen facerlle unha pequena homenaxe a todos eles.



É difícil resumir quince anos nuns minutos e condensar neles os bos momentos que compartiron este grupo de actores e actrices. Porque quince anos deu para moito... Grazas por brindarnos a oportunidade de gozar do teatro durante todos estes anos!

martes, 26 de maio de 2015

Da narrativa ao teatro

O alumnado de de 2º da ESO traballou o proxecto a partir do album ilustrado na materia de lingua galega. Estudou as técnicas narrativas e dramáticas para covertelo nun texto dramático. Na materia de tecnoloxía crearon os bonecos que utilizaron na representación. 

Os libros escollidos foron  A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill, A que sabe a lúa?, de Michael Grejniec, A topiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth.
A actividade final foi una representación para os seus compañeiros o día 25, día do teatro no noso centro. Farán un pase para o alumnado do CRA que visitará o noso colexio.

2º B representa A vaca que puxo un ovo

2º A representa A que sabe a lúa?

2º Agrupamento representa A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Parabéns polo voso traballo!

luns, 25 de maio de 2015

Kamishibai

Kamishibai, en xaponés, significa “teatro de papel”. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón, dirixido aos mais cativos para disfrutar en grupo ou como recurso didáctico. 



Nunha estructura portátil, xeralmente de madeira, inssértanse un conxunto de láminas referidas, xeralmente en forma narrativa, a un conto o a algún contido de aprendizaxe.



O alumnado de 4º ESO na materia de plástica construiu varios Kamishibai con materiais de refugallo (un ordenador, caixas de cartón...), reinterpretando a súa forma. 



O conto Fréderick foi re-deseñado en láminas adaptadas á estructura destos modernos Kamishibai.



Este foi o resultado.

Seis alumnos de 3º ESO prepararon a lectura do conto, levando os kamishibai de aula en aula en bicicletas, do mesmo xeito que os contacontos xaponeses facían de aldea en aldea. O día elixido foi o 25 de xuño, nesta data festexamos o Día do teatro no noso colexio.
Parabéns polo traballo ben feito!

domingo, 22 de xuño de 2014

Grape club 2014

Na quinta agromaron sons o luns pola tarde. Un ano máis Sonia e Fernando organizaron o club de jazz. O tema central desta sesión foi a natureza, coma o proxecto deste curso. Alumnado e profesorado ensaiou baixo a dirección de   para dar o mellor de si o día da actuación. Non faltou de nada....

Os músicos...


Os artistas...
Os presentadores, o equipo técnico e os porteiros...
Un bo público

vestido para a ocasión....






O Grape club en directo

luns, 9 de xuño de 2014

Sons que agroman na quinta

O Grape Club volve a abrir as súas portas para homenaxear as árbores, as flores, os animais, as plantas... OS BOSQUES

Non vos perdades esta homenaxe!
Vémonos alí!

venres, 23 de maio de 2014

Monicreques na quinta























Despois de varios meses ensaiando hoxe era o día da gran estrea. O club de lecturas compartidas fixo a súa primeira representación da obra Bua, bua, requetebua de An Alfaya. O próximo venres terá lugar o segundo pase.


Parabéns aos artistas pola súa actuación!