Hoxe comezaron as actividades previas á conmemoración do Día da Biblioteca. Seguindo o programa acordado e, coa axuda do voluntariado, a xornada consistiu en lembrar a importancia que ten que cada un de nós colabore no bo uso da biblioteca.
O alumnado de secundaria fixo un percorrido virtual, a través da aplicación Aurasma. Trátase dun sistema de realidade aumentada que, despois de capturar uns códigos situados nos andeis da biblioteca, mostra información sobre a organización dos libros.
E tamén xa comezamos a recibir as primeiras felicitacións.
Mañá esperámosvos a tod@s.
"A biblioteca é a máis democrática das institucións, porque nadie pode dicirnos que ler, cando e como".
Doris Lessing
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.