En ambos proxectos desexamos dar protagonista ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.
Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos...) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.
A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.
"As mulleres son as grandes olvidadas da historia"
Elena Poniatowska
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.