martes, 19 de decembro de 2017

Día de obradoiros

Hoxe tivo lugar na biblioteca unha obradoiro moi interesante para as familias de 1º de Primaria. O tema do acto xirou en relación a cuestións básicas de hábitos de vida saudable para nenos e nenas; centrándose na importancia da dieta equilibrada e da actividade física para a saúde.
A encargada de ofrecer a charla foi Aurora Verde Fernández, estudante de Enfermería da Universidade de Vigo.



Por outra banda, esta mañá Lea e Ángela, voluntarias da biblioteca, foron de visita ás escolas de Novás e Pías para interpretar un conto sobre o Nadal aos nosos colegas do CRA María Zambrano.




"Mentres dure a vida, sigamos co conto...."
Carmen Martín Gaite

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.