martes, 17 de maio de 2011

A fin da viaxe

O venres, 13 de maio as Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa derradeira viaxe para este curso. Estaban expectantes, no seu recunchiño, agardando a chegada dos seus donos.
Antes de que foran entregadas, escoitábase un runrun fóra, que as fixo poñer moi nerviosas. Botaron unha ollada e topáronse de fronte cunha recua de nenos que andaban brincando e pedindo as Mochilas. Eran os rapaces de primeiro de primaria!! Non lles daba chegado a hora para que llelas entregaran!!!


Ante tremenda demostración de agarimo, decidiron que para o ano que vén continuarían viaxando e percorrendo O Rosal e Oia. As viaxes deste ano foron moi produtivas, coñeceron familias, andaron por sitios distintos, percorreron moitos lugares... e sempre regresaban ao cole dicindo que querían volver marchar para a semana seguinte.
Mirade que contentos estaban cando llelas deron!!!
Dende o Equipo da Biblioteca querémosvos agradecer o apoio que lle destes a esta iniciativa. A resposta foi moi satisfactoria e isto danos pé para volver realizala o ano que vén.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e a vosa participación. De parte da Biblioteca, e de parte das Mochilas.

ATA O VINDEIRO ANO!!!!

1 comentario:

Que esta Quinta estea viva depende de ti.