Hoxe, venres 25 de maio chegaron as palabras ao Rosal!!!! Co gallo da celebración do Día das letras Galegas, que neste ano estivo dedicado a Valentín Paz Andrade dende o Equipo de Normalización Lingüística aproveitamos para festexar as nosas letras coa presentación de Non perdas a Palabra no Auditorio do Rosal.
Como todos os anos, no libro hai poemas, contos e ilustracións. O acto foi moi bonito. Algúns dos seleccionados fixeron unha lectura dos seus textos e ademais contamos coa actuación do Coro da Mata, que cada ano mellora as súas actuacións. Nesta edición, incluso se atreveron cun Mambo!!! Botádelle unha ollada ás fotos, a ver se vos recoñecedes.
As palabras seguen vivas no Rosal!!!
Gustoume moitísimo o "Non perdas a palabra" deste ano. Gustariame moito que as familias dos nenos-as poideran disfrutar deste acto tan bonito.
ResponderEliminarParabéns aos que participaron, colaboraron e organizaron. Grazas a todos-as.
Parabéns a todos os premiados e grazas aos que fan que cada ano podamos dedicarlle un día especial A PALABRA!
ResponderEliminar