venres, 5 de outubro de 2012

As mochilas comezaron a súa viaxe

Aquí estamos, dispostas para saír de marcha!!
Ola a todos e a todas!! Xa estamos aquí de novo, agardando para saír dar unha volta polas casas de Oia e do Rosal. 

A verdade é que andabamos un pouquiño enferruxadas, xa que levabamos todo o verán descansando e sen nada dentro, por iso ESTAMOS DESEXANDO que nos levedes para as vosas casas.

Este ano imos cargadiñas, temos de todo: música, pelis, banda deseñada, algo de poesía, libros de actualidade e todo o que vos apeteza ler. Que ben, verdade!!

Por certo, menos mal que nos puxeron rodas, porque se non non sei se dariamos saído de aquí con tanto peso.

Aquí abaixo estamos todas esperando para saír. A quen lle tocará primeiro: as vermellas... as azuis... as laranxas?

Somos AS SUPER MOCHILAS VIAXEEEIRAASSS! VIAXADE E GOZADE CON NÓS!!

2 comentarios:

  1. elena (sociais)19 outubro, 2012

    Ana é a profe que mellor se entende con elas. Encárgase de enchelas cunha equipaxe moi variada e iso representa un gran esforzo. E agora a viaxar!

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, Elena. Ana é a nosa experta en mochilas viaxeiras! Prepara con esmero cada unha, todas son persoais porque levan os materiais dependendo dos gustos de cada familia. Un gran traballo!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.