venres, 21 de decembro de 2012

A música no Rosal

Este xoves o alumnado de 6º de primaria e 2º da ESO participaron nunha charla-concerto na que interviron os membros da Agrupación Musical do Rosal Montserrat González, Lali Álvarez, Nieves Álvarez e Xesús González (Suso). O acto abrírono Montserrat (clarinete), Lali(Oboe) e Nieves (frauta traveseira) acompañadas por Rubén Fernández de 3º da ESO(tuba) interpretando a Banda Sonora do filme Los chicos del coro. 


Xesús González, directivo da Agrupación, contounos que a banda comezou a súa andaina como un grupo de gaitas dirixida polos rosalenses Pepe e Emilio. Pasado o tempo e dada a importante tradición cultural das bandas en Galicia, decidiron converterse nunha banda e contrataron profesorado do Conservatorio de Vigo.


Nunha acto moi ameno, os conferenciantes foron debullando os acontecementos máis sobranceiros da Agrupación ao longo destes 26 anos de vida. Non faltaron tampouco anécdotas como a da confección do primeiro traxe en Portugal. Pasaron ao país viciño na gamela do Suso para tomar as medidas e as probas veunas facer o xastre portugués a unha leira da Canosa.
Tamén nos contaron que nun primeiro momento para recoller fondos para a Agrupación, saían tocando polos barrios do Rosal e de Oia en paseos musicais interminabeis. Falaron das actuacións en festas e verbenas, das noites sen dormir e como non da necesaria disciplina e constancia no traballo dos músicos.

Consideraron que o salto cualitativo da banda produciuse fai 12 anos coa súa participación no Certame Internacional de Bandas no Palau da Música de Valencia. Moitos foron os galardóns recibidos desde entón. O máis recente foi o inverno pasado o primeiro premio de Bandas de Música de Galicia. Remataron o acto cunha xenial interpretación da Banda sonora da película La vida es vella.

1 comentario:

  1. Moitas grazas a Monserrat, Lali, Nieves e Xesús por compartir con nós a historia da banda, as anécdotas e a pasión dos que pasaron por ela. Foi un privilexio podelos escoitar.
    Grazas Xosé Manuel por organizar este evento e darnos a oportunidade de coñecer un poco máis o noso concello.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.