Os nenos e nenas de segundo de primaria foron os afortunados. Eles inauguraron as sesións de contacontos en inglés que este venres comezaron na Quinta. A maxia, a ilusión, a sorpresa, a inocencia debuxábase nas súas caras que con entusiasmo non perdían detalle. O encargado desta velada infantil foi Suso, que por uns minutos deixou as aulas dos maiores para deleitar aos máis pequenos.
Grazas, Suso, por transportarnos ao mundo dos sonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.