domingo, 10 de marzo de 2013

A Química e o viño do Rosal

A Quinta connverteuse de novo nun pequeno laboratorio. Mais desta vez os experimentos eran cun produto da nosa zona. Nuria desveloulle ao alumnado de 3º e 4 de primaria os segredos do viño do Rosal. Comezaron ca historia de Garnachica.



Identificaron os aromas que pode haber nos viños do Rosal.
 

Extraeron o ADN das uvas (uvas, auga, fairy, sal, zume de piña e alcol e voilà!). E comprobaron a densidade do viño e da auga.  


Unha tarde ben completiña!

1 comentario:

  1. Grazas Nuria por achegar aos nenos ao mundo da química dun xeito tan lúdico! A Quinta está encantada de converterse nun laboratorio por unhas horas.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.