Foi un día de festa na Quinta dos libros. Participamos todos os rapaces do centro. Levamos un mes traballando a mesma historia El ladrón de palabras de Nathalie Minne e hoxe baixamos á biblioteca para representala. Durante vinte minutos nenos de primaria e de secundaria compartimos o noso traballo. Uns foron os encargados de actuar, contáronnos as aventuras deste ladrón en castelán, galego ou inglés. E outros agradeceron o seu esforzo cun agasallo (marcapáxinas, flores, música, galletas que agochaban segredos, palabras, caramelos...).
Este foi o decorado. Os artistas foron os alumnos de 5º B e de 1º da ESO. Pero segundo ía pasando a mañá descubrimos outros artistas que ilustraron a historia cos seus debuxos, como os que fixo a aula de 4ºA para o kamisibai.
Grazas a todos por participar nesta FESTA LITERARIA!
Grazas polo voso esforzo e entusiasmo!
A Quinta dos libros está orgullosa dos seus lectores.
Feliz día do libro!
|
Foi unha actividade preciosa. Parabéns a todos-as e grazas ao eqipo da biblioteca.
ResponderEliminar