domingo, 28 de abril de 2013

Unha boa nova

O 2 de marzo de 2011 dabamos a coñecer con moita ilusión este blog, punto de encontro no que iamos compartir as opinións, aventuras, segredos... das nosas lecturas. Nacía unha Quinta diferente...









E esa ilusión coa que iniciamos esta travesía hoxe e maior ao coñecer a noticia de que somos finalistas do VII Premio Espiral de Edublogs. Grazas ao xurado por fixarse neste recuncho que temos na rede e darnos a oportunidade de estar nesta lista de finalistas. E grazas a vós, a todos os lectores desta Quinta. Conseguides día a día que a vosa biblioteca estea viva. Facedes posible que sexa coñecida máis aló deste recuncho de Galicia.

7 comentarios:

  1. Parabéns, compañeir@s. Estamos orgullos@s de acompañarvos nesta aventura.
    Saúdos desde Toén.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas! Parabéns a vos tamén e moita sorte.

    ResponderEliminar
  3. Os meus parabéns,o bo traballo hai que recoñecelo!!!

    ResponderEliminar
  4. Os meus parabéns, tedes unha bitácora moi chula e moi ben elaborada!!

    Ana

    ResponderEliminar
  5. Parabens polo blog, e polo recoñecemento

    ResponderEliminar
  6. Canto me alegro! Dá gusto entrar e ver isto cheo de vida. Parabéns por un recocemento tan bonito, e moita sorte a esta Quinta. Que a merece.

    ResponderEliminar
  7. Grazas a todos polas vosas felicitacións: os comentarios e os correos que recibimos dos compañeiros do PLAMBE.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.