Este ano queremos festexar o Día das bibliotecas escolares dun xeito especial. Abre as súas portas o Centro Médico de Asistencia Lectora.
Como nace este Centro Médico?
Un día na biblioteca Rubén, alumno de 4º, dille a Andrés: "Andrés recétame un libro". Sonia escoitouno e pensou que esta idea non se podía deixar pasar...
Quen pasará consulta o primeiro día?
Pasarán consulta os doutores: Dr. Domínguez, Dr. Iglesias e Dr. Fernández.
Cales son os teus síntomas?
No Centro Médico de Asistencia Lectora buscarán a terapia adecuada para cada síntoma.
Agardamos a túa visita ao CMAL!
E que mellores despois desta terapia 100% natural!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.