Hai días que son diferentes. Hai días nos que cobra máis sentido unha preocupación común. E agora estamos inmersos nesas datas. O 20 de novembro é o Día da infancia, o 25 o Día internacional contra o maltrato; e o 10 de decembro o Día dos Dereitos Humanos.
Os tres reivindican o respecto, a boa convivencia, a defensa dos dereitos ... A mellor maneira de respectar aos outros e poñerse no seu lugar. Por iso queremos compartir con vós estes dous vídeos nos que os máis pequenos nos dan unha lección de vida.

Primeiro ides ver unha fantástica e impactante campaña publicitaria onde se explica de forma sinxela un dos graves problemas do noso planeta.
En segundo lugar, convidámosvos a escoitar a Unai. Este vídeo é o gañador da segunda edición do concurso internacional de pezas audiovisuais "Dáme un Minuto de Paz" (UNESCO Etxea). O obxectivo era sensibilizar sobre a grave situación que sofren millóns de persoas debido a ausencia de paz. Obxectivo conseguido!
Todos temos dereito á vida, á paz, á dignidade, á igualdade, ao coñecemento ... Todos temos dereito a SER FELIZ!
Gustoume moito o experimento.
ResponderEliminarQue doado é compartir e que difícil o facemos!
Que verdades tan grandes nun corpo tan pequeno!
ResponderEliminar