Con estes dous libros queremos coñecer mellor a Wangari Maathai e o seu intento por cambiar a sorte da súa terra. O 25 de setembro de 2011 deixounos pero a súa memoria segue presente grazas a obras coma estas.
A súa historia de esforzo e dedicación foi narrada por Claire A. Nivola nesta maxistral obra, Plantando los árboles de Kenia, onde mestura as palabras coas magníficas acuarelas.
Jeanette Winter ilustra de maneira moi descritiva a infancia desta loitadora e a súa vida en Wangari y los árboles de la paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.