A nosa biblioteca foi o escenario dun afortunado encontro, onde os máis pequenos do centro puideron gozar da maxia de contar e crear historias dun xeito diferente.
Os alumnos de 1º de Primaria foron os protagonistas,
guiados pola prodixiosa man e polo talento non só artístico, senón tamén
comunicador de Xosé Tomás, ilustrador e compañeiro (de profesión?).
Comezaron facendo un breve percorrido polo proceso de elaboración dun libro, dende o inicio da idea que xorde ata que finalmente o libro chega ás nosas mans. E por fin chegou o momento de converterse en entusiastas ilustradores!
Grazas Tomás por mergullar aos nenos e nenas do colexio no apaixonante mundo da ilustración.
ResponderEliminarParabéns aos pequenos polas súas obras de arte!