Durante estes días podemos gozar desta exposición de fotografías.
Xurdiron a raíz dunha visita dun grupo de afeccionados á
fotografía no Faceboock, aos Muíños do Folón e do Picón en maio do
pasado ano. Nesa visita, fixéronse fotografías da zona no esplendor da
primavera. Despois do incendio sufrido polos montes do Rosal en agosto, xurdiu a idea de facer fotografías da mesma zona.
Posteriormente, decidiuse
reunir as fotos feitas antes e despois do lume, co obxecto de plasmar
en imaxes o que significa a súa destrución.
Con algunha desas imaxes, tamén se elaborou o vídeo “Consecuencias do
lume nos muños do Folón e do Picón”.
Grazas a este grupo de afeccionados por compartir con nós estas fotografías!
ResponderEliminar