Esta é a programación das sesións de contacontos que puideron gozar os nenos de 1º, 2º e 3º de primaria. Estiveron organizadas polo equipo de Normalización Lingüística. E Suso foi o encargado de levalas a cabo.
Para ambientar a sesión comezaron cunha melodía de tradición hindú. Logo cantaron unha canción tradicional galega Unha vella tiña un can. E escoitaron atentos a historia O gato lambón e Adiviña canto te quero. E, como remataron? Cunha canción tradicional do Brasil adaptada á cultura galega.
Grazas a Suso e ao Equipo de Normalización por facer que os rapaces e as rapazas do noso centro poidan gozar das boas historias, da imaxinación e da fantasía.
ResponderEliminar