domingo, 6 de abril de 2014

O noso primeiro premio

Onte celebrouse en Rianxo a entrega XXIII Entrega de Premios "Irmandade do libro". A federación galega de libreiros quere render homenaxe aos que destacaron durante o ano 2013 polo fomento da lectura e dos libros. 


Estes foron os galardóns:  a autora Chus Pato; o Libro do Ano, "Ulises" de James Joyce, traducido e publicado por Galaxia;  a Obra Editorial para a colección "Cociña infantil e familiar" da editorial Ouvirmos. O premio de Fomento da Lectura levouno a Biblioteca Municipal Valle-Inclán (Redondela); o de Libraría recaeu na Ramón Cabanillas (Cambados); mellor Libro Infantil e Xuvenil do Ano 2013, foi para a "Triloxía Ámote Leo", de Rosa Aneiros, publicada por Edicións Xerais de Galicia. E o Centro de Ensino o noso, o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal.


Todos os premiados recibimos unha figura exclusiva realizada en bronce deseñada polo lucense Ismael López e un diploma. Ademais nos deron un cheque para mercar libros en calquera das librarías asociadas.


Parabéns a toda a comunidade educativa polo bo traballo, a  dedicación e a ilusión que poñedes en cada unha das actividades que levamos a cabo. Grazas por facer visible día a día os libros e a lectura no noso centro.

7 comentarios:

  1. As que estabamos alí sentimos moita emoción cando se dixo o nome do noso centro. Sentímonos orgullosas de poder representarvos e formar parte
    deste proxecto.
    Grazas e parabéns!

    ResponderEliminar
  2. Ana Chamosa06 abril, 2014

    Estou moi contenta por termos recibido este premio. Parabéns a todos polo traballo realizado. A verdade é que estas cousas animan moitísimo a seguir e a continuar traballando. Moita forza e a seguir adiante co noso proxecto da Biblioteca. Asun, estabas moi guapa!!!

    ResponderEliminar
  3. Que ben! É estupendo este recoñecemento.
    A nosa biblioteca está moi viva, cada vez máis.
    Parabéns a todos-as e especialmente á nosa coordinadora.Guapísima!

    ResponderEliminar
  4. elena (historia)06 abril, 2014


    É un recoñecemento ao traballo dos alumnos, profesores, equipo de biblioteca e Asun que está sempre ó pé do canón, facendo unha labor espléndida.
    Mención especial a Sonia, que consegue facer un milagre e multiplicarse colaborando en tantos actos e actividades.
    Grazas e parabéns a todos.

    ResponderEliminar
  5. Estoy "very happy" de haber ganado entre todos este gran premio. Doy muchas gracias a todo el equipo de la biblioteca.

    ResponderEliminar
  6. estamos moi contentos por conseguir este premio alumno de 2A.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.