mércores, 2 de abril de 2014

Que día é hoxe?

Hoxe é 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil. Se conmemora o nacementos de Hans Christian Andersen. Este é o cartel deseñado para a ocasión. A IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Este ano  Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.  





Pero hoxe tamén é o Día mundial de concienciación sobre o autismo. Queremos compartir con vós A canción de Manuel. Un vídeo que nos mostra o lado positivo de todos aqueles que conviven co autismo. Grazas a Esther Medraño e a Olga Lalín   por facernos partícipes desta realidade no seu blog Alto alto como una montaña.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.