luns, 14 de abril de 2014

Todos xuntos

Os nenos de 1º e 2º de primaria lemos dous contos: Nadarín e ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Falamos sobre o aburrido que sería ser unha princesa rosa ou un príncipe azul e a cantidade de cousas divertidas que se poden facer para non aburrirnos. 


Logo recortamos moitos peixiños vermellos e un negro para facer o noso gran peixe capaz de espantar a calquer mangallón, porque xuntos se poden facer moitas cousas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.