martes, 17 de xuño de 2014

Historia dunha buxaina




Esta historia comeza o día 3 de maio cando coñecemos que somos finalistas dos VIII Premios Espiral Edublogs por segundo ano consecutivo. E o 17 comunícannos vía twitter que gañamos un dos tres premios.  
Dende ese día no colexio formouse unha expedición que tiña unha misión moi importante: ir a Madrid a buscar a nosa buxaina. Así que o 13 de xuño a expedición púsose en marcha...

O sábado 14 tiñamos unha cita coa Asociación Espiral Edublogs.


 Foi unha mañá de tensión e emoción... para os que alí estaban e


 para os que non puideron ir.


E chegou o momento. A quinta gaña o 1º Premio: a buxaina de ouro.



Misión cumplida!


 E compartiron escenario cos demais gañadores.


O luns a buxaina chegou á nosa quinta.
Aquí está....

2 comentarios:

  1. elena (historia)17 xuño, 2014

    Foi marabilloso ser testemuña deste recoñecemento tan importante para A Nosa Quinta. É un premio moi merecido. Grazas Asun polo traballo que fas, aos alumnos e profesores que se implican en cada unha das actividades que propón a biblioteca.
    Parabéns a toda a comunidade.

    ResponderEliminar
  2. Foi emocionante poder recoller este premio e un privilexio poder estar tan ben acompañada, tanto polos que alí estaban coma polos que non puideron ir e seguíronnos na distancia.

    Grazas a todos os que nos axudades a que esta quinta medre e co voso entusiasmo alimentades a nosa ilusión.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.