luns, 27 de outubro de 2014

Primeira consulta do CMAL deste curso

O xoves abriu de novo o CMAL. Coa súa reapertura quixemos festexar o Día da biblioteca. Este ano cambiaron algunhas cousas. A consulta instalouse noutro recuncho da Quinta. 


Contamos coa colaboración de alumnado de secundaria para entregar os libros aos pacientes. 

 A clínica estará dirixida por Alex Domínguez e Hadrián Iglesias. Eles serán os encargados de contratar aos doutores e de xestionar o seu funcionamento.

Desta vez pasaron consulta: a doutora Fagúndez, o doutor Domínguez e o Doutor Alexis.



Aquí tedes un resumo desta primeira consulta.



Grazas a todos pola voa ilusión. 
Grazas por axudar a que esta clínica funcione.

1 comentario:

  1. Que bo traballo!
    Cantos pacientes e que médicos máis competentes!
    Os videos están xenial.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.