mércores, 12 de novembro de 2014

O noso club secreto

Nestes últimos días algo está a pasar no estante nove da Quinta. Alí descansaban dende hai bastante tempo varias biografías. Pero un día unha rapaza de 4º de primaria decidiu coller unha. Dende ese momento os libros que falan da vida de personaxes importantes da nosa historia non paran de viaxar. E elas son as responsables: as mellores lectoras de biografías da nosa biblioteca. 

Club de lectoras de biografías

1 comentario:

  1. Grazas rapazas pola vosa recomendación. Estame encantando a biografía de Mary Anning.

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.