luns, 17 de novembro de 2014

Un recreo diferente

Hai quen pasa algúns recreos na súa biblioteca, axudando a que funcione mellor. Elas son as encargadas de facer o préstamo, de colocar os materiais e de axudar aos seus compañeiros máis pequenos.






Na quinta buscamos usuarios autónomos. Agora podes buscar no catálogo os materiais que queres levar, indagar se están emprestados ou descubrir se están na biblioteca.








Dende hai uns días alumnas de 3º e 4º gardan un segredo; dedican os ocos libres a cortar e a forrar. Sabedes que estarán facendo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.