venres, 27 de marzo de 2015

Día do teatro no Rosal


Esta mañá acudimos todos ao auditorio do Rosal para coñecer os gañadores do concurso literario "Non perdas". Todos os anos o equipo de normalización lingüística convídanos a escibir sobre un tema relacionado co proxecto. E hoxe tocaba coñecer aos gañadores, así que celebramos o Día do teatro lendo as nosas propias produccións teatrais. Foi un día de festa, no que as palabras e a música mesturáronse grazas a colaboración dos profesores de música.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.