mércores, 29 de abril de 2015

Novo taller de maquillaxe na quinta



O luns, nas nosas “Tardes na Biblioteca”, tivemos o obradoiro de maquillaxe co alumnado de 2º EP.
Foi unha experiencia moi divertida, os nenos-as escoitaron un conto, fixeron deseños de maquillaxes e aprenderon cancións...
Tivemos a colaboración de Uxía de 3ºESO e Sara de 4ºESO, foron unhas fadas maquilladoras impresionantes!
Os alumnos e alumnas de 2º EP foron moi colaboradores e participativos.
Gozamos moito nesta sesión de maquillaxe!

1 comentario:

  1. Foi unha tarde estupenda!
    Grazas a Sara e a Uxía por traballar tanto e tan ben...

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.