luns, 13 de abril de 2015

Taller de mimo

Esta foi unha tarde de teatro na quinta.
 
Visitounos Javi, un ex alumno que está a estudiar arte dramático. O seu primeiro contacto co teatro foi no grupo teatral do colexio.
Aprendeunos a expresarnos co noso corpo.
E a ser uns verdadeiros mimos.

Grazas, Javi, por compartir con nós esta tarde.

Sempre é un pracer recibir a visita dos que forman parte da nosa familia educativa. E un luxo que veñan despois dos anos a mostrarnos o que están facendo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.