Este luns, nas nosas “Tardes na
Biblioteca” tivemos un taller de maquillaxe no que os protagonistas
foron os alumnos-as de 1ºEP. Comezamos a sesión contando o conto
“El monstruo peludo” de Henriette Bichonnier, na pantalla
puxemos unha presentación coas ilustracións desta historia tan
divertida!
Despois pasamos á práctica, deseñamos
as nosas propias maquillaxes e practicamos nuns bustos de xoguete.
Todos os nenos e nenas escolleron como maquillarse, as maquillaxes que tiveron máis éxito foron as de fada e spiderman.
Rematamos a
sesión aprendendo a versión da canción “O mercado” do libro,
da Editorial Galaxia, María Fumaça, que está na nosa Biblioteca.
Interpretamos a canción con xestos ao son da guitarra.
Tivemos a colaboración de Sara, unha
alumna de 4º ESO, que é unha gran artista. Pasámolo moi ben!
O vindeiro luns, día 27 de abril, será o turno dos nenos-as de 2º EP.
O vindeiro luns, día 27 de abril, será o turno dos nenos-as de 2º EP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.