O venres, 22 de maio, o grupo de teatro
do noso CPI (composto por alumnado da ESO e dirixidos por Ana
Fernández e Elena Gómez), presentou no Auditorio do Rosal a obra “O
Achado do Castro” de Manuel Núñez Singala, unha comedia que, con
moito humor, móstranos unha Roma histórica con enredos cómicos
cheos de confusións...
A escenografía correu a cargo do
alumnado de Educación Plástica e Visual de 1º e 4º ESO dirixidos
por Elena Gómez Dahlgren.
Houbo tres pases, un para o alumnado de
Primaria, outro para os da ESO e un para as familias e veciños da
vila. Se queres ver todas as fotografías preme AQUÍ.
Foi moi divertido! Todo un éxito!
Parabéns ao elenco, ás apuntadoras,
aos encargados da imaxe e son, ás maquilladoras, aos escenógrafos-as
e, por suposto, ás profesoras coordinadoras que, ano tras ano, fan
que a maxia do teatro chegue a toda a Comunidade Educativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Que esta Quinta estea viva depende de ti.