Neste terceiro trimestre, o alumnado de
1º ESO estivo a traballar co libro Escarlatina, a cociñeira
defunta de Ledicia Costas. Román, o protagonista da historia,
quere ser un auténtico chef. Ao longo do libro presenta “unha
ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas”.
Os alumnos-as de 1º ESO levaron á
práctica as propostas de Román e, no recreo, disfrutamos
papando o produto do traballo e esforzo destes grandes cociñeiros-as.
Foi moi divertido!
Parabéns aos chefs do Rosal!
Grazas a Miguel, Suso e Brais, de 2º A ESO, por axudar na preparación das mesas para a actividades.
ResponderEliminarGRAZAS CHICOS!