martes, 1 de decembro de 2015

Visita de FRANCISCO ÁLVAREZ- KOKI: Como é ser un emigrante en Nova Yorke





Dentro do marco do noso proxecto deste curso, o martes, 1 de decembro, visitou de novo, a nosa biblioteca, o escritor Francisco Álvarez- Koki.

Esta vez veu a falarnos de como é ser un emigrante en Nova Yorke, da súa experiencia vital, de que non todo é tan doado como parece…

Poidemos escoitar, da súa voz, varias lecturas do seus libros nas que se reflicten as experiencias de comezar nun novo país. 

A actividade estivo dirixida ao alumnado de 4º ESO.
O alumnado participou activamente, facendo moitas preguntas. Esta actividade gustoulles moito.
 
Grazas ao autor por adicarnos o seu tempo e compartir con nós as súas experiencias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.