mércores, 13 de abril de 2016

A viaxe dos rapaces e rapazas de 4ºA

A nosa viaxe polas capitais do mundo comeza cando cada neno ou nena prepara durante unha semana a lectura dun conto do libro "A volta ao mundo en 80 contos" e logo, todos os venres fai a lectura en voz alta ao resto dos compañeiros e compañeiras na hora de ler.
 O libro é un compendio de contos populares de moitos países distintos e os rapaces teñen que escoller a onde queren viaxar. Desa forma, ademais de preparar a lectura teñen que buscar información sobre a capital do país escollido para realizar despois, unha entrada no noso "Diario de viaxes" na que simule por escrito os días que pasou de vacacións nesa cidade, o que visitou e como o pasou.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.