martes, 19 de abril de 2016

OBRADOIRO IMAXE


O luns 18 de abril, tivo lugar un obradoiro de Imaxe Corporal na nosa biblioteca. Participaron nel o alumnado de PMAR e estivo organizado polo Departamento de Orientación do CPI.



Dentro do noso proxecto deste ano, enmarcamos este obradoiro pola importancia que ten o estilo, o xeito de vestir, a nosa imaxe... na nosa vida e nas manifestacións culturais que aparecen, sobre todo, no entorno urbano.

Realizamos diversas actividades:
- Asociación de palabras do mundo da estética coas nosas valoracións persoais.
- Presentación de personaxes mediaticos e análise da súa imaxe en relación á súa profesión : David Muñoz, Diego Gutierrez, Serena Williams, Pedro Cavadas...
- Frases incompletas sobre a nosa imaxe.
- Video sobre a imaxe propia e a que teñen os demáis de nós.
- Aplicación móbil de cambio de imaxe corporal.
 



Rematamos a sesión destacando cousas positivas da imaxe corporal dos compañeiros-as. Pasámolo moi ben, reflexionamos sobre este tema e compartimos as nosas opinións! A valoración é moi positiva!

Grazas a profe Fátima e ao alumnado de PMAR pola súa participación neste obradoiro.

O venres 29 de abril será o turno do alumnado de PDC 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.